– Regulamento –
Artigo 1.- ORGANIZACIÓN
O Concello de Muíños, en colaboración con NOKAO, organiza o 3 de outubro de 2026 o TRAIL DO XURÉS.
A proba formará parte da Serie Prata da Galicia Trail Running Series 2026.
Artigo 2.- A PROBA
O Trail do Xurés é unha proba de montaña que contará con dúas distancias:
- Trail Adventure: 14 km e 400 m+.
- Trail Advance: 21 km e 580 m+.
Artigo 3.- REGULAMENTO
A inscrición na proba implica a aceptación íntegra deste regulamento, que será de estrito cumprimento para todas as persoas participantes no Trail do Xurés.
Así mesmo, ao formar parte da Serie Prata da Galicia Trail Running Series, aplicarase o Regulamento oficial de trail running.
Artigo 4.- PARTICIPACIÓN
A idade mínima para participar será de 16 anos, cumpridos no ano en curso. Non se permitirá a participación de ningunha persoa menor desta idade.
Artigo 5.- A CARREIRA
O rutómetro oficial será o publicado na páxina web da carreira:
Calquera cambio ou modificación do percorrido farase público a través da páxina web e das redes sociais oficiais da proba.
O percorrido non estará pechado ao tráfico, polo que as persoas participantes deberán extremar as precaucións e respectar en todo momento o Regulamento Xeral de Circulación.
As dúas distancias comezarán ás 10:30 horas desde o Complexo Turístico O Corgo, no Concello de Muíños.
As duchas estarán situadas no cámping do Complexo Turístico O Corgo.
A entrega de dorsais realizarase o propio día do evento, de 9:00 a 10:30 horas.
Artigo 6.- INSCRICIÓN
A inscrición no Trail do Xurés realizarase a través da plataforma deporticket.com e permanecerá aberta ata o 30 de setembro de 2026 ou ata esgotar as prazas dispoñibles.
Os prezos de inscrición, por modalidade e período, serán os seguintes:
Trail Adventure:
- Ata o 30 de agosto: 14 €.
- Do 31 de agosto ao 27 de setembro: 16 €.
- Do 28 ao 30 de setembro: 18 €.
Trail Advance:
- Ata o 30 de agosto: 18 €.
- Do 31 de agosto ao 27 de setembro: 20 €.
- Do 28 ao 30 de setembro: 22 €.
A inscrición inclúe:
- Dereito de participación.
- Seguro de accidentes e responsabilidade civil.
- Bolsa da persoa participante.
- Agasallo de participación.
- Servizo médico.
- Avituallamentos nos puntos habilitados.
A información definitiva sobre a entrega de dorsais comunicarase na páxina web da proba durante os días previos á carreira.
A bolsa da persoa participante entregarase exclusivamente durante a recollida de dorsais. Do mesmo xeito, os premios entregaranse unicamente durante o acto oficial de entrega de trofeos.
Artigo 7.- AVITUALLAMENTOS
A organización poñerá á disposición das persoas participantes varios puntos de avituallamento distribuídos ao longo do percorrido, nos que poderán abastecerse de auga, bebida isotónica, comida, froita e outros produtos proporcionados pola organización.
A asistencia externa non estará permitida e será de aplicación o Regulamento do Ranking Galego de Trail Running en todos os puntos.
Artigo 8.- MATERIAL OBRIGATORIO
Todas as persoas participantes deberán levar durante a proba o seguinte material obrigatorio:
- Teléfono móbil.
- Manta térmica.
O teléfono móbil deberá permanecer operativo durante toda a carreira.
A organización poderá eliminar a obrigatoriedade de portar a manta térmica se as condicións meteorolóxicas previstas son favorables. Esta decisión, de producirse, comunicarase durante a semana da carreira a través da páxina web e das redes sociais oficiais da proba.
Mentres non exista unha comunicación oficial que indique o contrario, a manta térmica terá a consideración de material obrigatorio.
A organización poderá realizar controis de material antes da saída, durante o percorrido ou ao finalizar a proba. A falta dalgún dos elementos obrigatorios poderá ser sancionada conforme ao regulamento aplicable.
Artigo 9.- DEREITOS DE IMAXE
A organización poderá captar e utilizar imaxes, vídeos e gravacións de son das persoas participantes realizadas durante a proba, así como nos momentos previos e posteriores, incluídos a recollida de dorsais, os traslados e a entrega de premios.
Este material poderá empregarse para a promoción, comunicación e difusión da proba, sen límite temporal, de conformidade coa normativa aplicable.
Artigo 10.- CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías, tanto masculinas como femininas:
- Adsoluta
- Máster 40.
- Máster 50.
Tamén se establecen os seguintes recoñecementos especiais:
- Participante de maior idade.
- Participante de menor idade.
Os premios non serán acumulables, agás os correspondentes aos recoñecementos especiais.
Os premios entregaranse única e exclusivamente durante o acto oficial de entrega de premios.
A proba puntuará para o Ranking Galego do seguinte xeito:
- Trail longo: categorías Sub-23, absoluta e máster.
- Trail curto: categorías Sub-18 e Sub-20.
Artigo 11.- CANCELACIÓNS
Só se admitirán solicitudes de cancelación das persoas inscritas que o comuniquen antes do 20 de setembro de 2026 a través do correo electrónico eventos@nokao.es.
Nestes casos, devolverase o 50 % do importe pagado pola inscrición.
Artigo 12.- SERVIZO DE GARDARROUPA
A organización poñerá á disposición das persoas participantes un servizo de gardarroupa.
Artigo 13.- OUTRAS DISPOSICIÓNS
Todo o non recollido neste regulamento rexerase por xerarquía normativa, atendendo aos regulamentos da FGA, da RFEA e de World Athletics para a especialidade de trail running.
Será potestade do xuíz árbitro da competición responder ante calquera reclamación presentada durante os 20 minutos posteriores á publicación dos resultados.
