– Regulamento –

Artigo 1.- ORGANIZACIÓN

O Concello de Muíños, en colaboración con NOKAO, organiza o próximo 4 de Outubro de 2025 o TRAIL DO XURÉS.

Artigo 2.- A PROBA

O Trail do Xurés é unha PROBA de montaña que contará con dúas distancias: Trail Adventure de 12 km e Trail Advance de 20 km.

A proba transcorrerá 100% por pistas e caminos.

 Artigo 3.- REGULAMENTO

A inscrición á proba implica a total aceptación deste regulamento. O presente regulamento será de estrito cumprimento para todos os participantes do Trail do Xurés.

 Artigo 4.- PARTICIPACIÓN

Os participantes deberán respectar o medio no que se realiza a proba e manter limpo a contorna da mesma. Para iso deberán comer e beber SEN DEIXAR NINGÚN ENVASE FÓRA DOS RECIPIENTES habilitados para tal uso.

O INCUMPRIMENTO DESTE PUNTO CARREXARÁ A DESCALIFICACIÓN INMEDIATA DO CORREDOR, podendo ser inhabilitado mediante un simple testemuño de calquera membro do equipo organizativo da Carreira.

A idade mínima de participación é de 16 anos cumpridos o mesmo día da proba, e non se permite a participación a ningún atleta con menos da devandita idade. Está prohibído ir acompañado doutras persoas que non sexan participantes inscritos na proba.

O corredor do Trail do Xurés deberá levar o dorsal facilitado pola Organización en todo momento, nun lugar visible (parte pectoral dianteira) non podendo ser recortado, dobrado nin modificado. O INCUMPRIMENTO DESTE PUNTO, CARREXARÁ A DESCUALIFICACIÓN INMEDIATA DO CORREDOR.

 Artigo 5.- A CARREIRA

O itinerario da carreira será sinalizado con cinta balizadora e señalética específica creada para a proba. O rutómetro da mesma é o publicado na páxina web oficial da carreira (www.traildoxures.com).

Calquera cambio ou modificación no mesmo farase público polos mesmos medios.
O percorrido non estará pechado ao tráfico, polo que os deportistas deberán extremar as precaucións e respectar o código de circulación viaria. Durante o transcurso da carreira, os participantes deberán FACER CASO aos MEMBROS DA ORGANIZACIÓN da proba en todo momento. O non cumprimento deste punto, implicará a descualificación inmediata. A proba estará controlada de modo electrónico mediante o sistema de chip no dorsal do corredor. Os participantes deberán portar o chip durante todo o percorrido.

 Artigo 6.- INSCRICIÓN

A inscrición ao Trail do Xurés realizarase a través da plataforma deporticket.com e permanecerá aberta ata o 1 de outubro ou ata esgotar as prazas dispoñibles.

 Os prezos de inscrición, por modalidade e período, serán os seguintes:

 Trail Adventure:

– Ata o 31 de xullo: 14 €

– Do 1 de agosto ao 28 de setembro: 16 €

– Do 29 de setembro ao 1 de outubro: 18 €

 Trail Advance:

– Ata o 31 de xullo: 18 €

– Do 1 de agosto ao 28 de setembro: 20 €

– Do 29 de setembro ao 1 de outubro: 22 €

A inscrición á proba inclúe:
-Dereito de participación.
-Seguro de accidentes e RC Bolsa do corredor.
-Obsequio participación.
-Servizo médico.
-Avituallamiento nos puntos habilitados.

A entrega de dorsais se comunicará na web e redes sociais da proba dias previos a carreira.

 A bolsa do corredor entregarase exclusivamente durante a recollida de dorsais.

 Artigo 7.- AVITUALLAMENTOS

A organización poñerá a disposición de todos os participantes de avituallamientos repartidos en todo o percorrido onde poderán fornecerse de auga, isotónico, comida e froita, ademais doutros produtos postos pola organización

 Artigo 8.- DEREITOS DE IMAXE

A organización poderá utilizar as imaxes, vídeos e son dos participantes durante a proba, incluíndo momentos previos e posteriores, desde a recollida de dorsais, entrega de premios e traslado dos participantes, para a promoción e difusión da proba sen ningún límite temporal para utilizalos.

Artigo 9.- CATEGORÍAS

-Absoluto (masculino e feminino)
-Master 40 (masculino e feminino)
-Master 50 (masculino e feminino)

Establécese a categoría especial o participante con maior e menor idade

Premios NON acumulables, salvo a categoria especial.

 Os premios entregaranse única e exclusivamente durante o acto oficial de entrega de premios.

 Artigo 10.- CANCELACIÓNS

Só se admitirán cancelacións da proba aos/ás atletas inscritos/as que o comuniquen antes do 20 de setembro de 2025 ao correo electrónico eventos@nokao.es. A devolución do importe será do 50 % do prezo pagado pola inscrición.

 Artigo 11.- SERVIZOS GARDARROUPA

A organización poñerá un servizo de gardarroupa para os participantes.

 Artigo 12.- NORMAS AMBIENTAIS

A participación na proba implica o coñecemento e a aceptación destas normas de carócter especial para co medio ambiente:
– Unha parte da proba desenvólvese no interior de espazos protexidos que albergan unha flora e unha fauna sensible e vulnerable e na que os participantes deben actuar con coidado e responsabilidade.